Imaxina que un día espertas e non hai aeroportos. Nin un. Nin aquí nin alí. Nin un só aeroporto para coller ese voo que te leve á voda da túa filla, para gozar desas vacacións que levas agardando un ano enteiro ou para ir ver a túa familia. Imaxina incluso non poder chegar a tempo a esa reunión de traballo tan importante porque só poderías ir en avión.

Custa imaxinalo, verdade? Pois isto é xusto o que lle pasou a David Bisbal na nosa nova campaña.

Pero David non foi o único que quedou sen aeroportos. Os que acaban de casar, os veciños do pobo e a xornalista do ano pasado aínda seguen sufrindo as consecuencias dun mundo sen aeroportos.

Descubre todas estas historias aquí abaixo.

PÍLULAS

Sabes que hai detrás dun día sen aeroportos?

Pois tres días de rodaxe. E moita calor. E frío. E vento. E tres localizacións.

Pero, sobre todo, moita xente moi talentosa diante e detrás das cámaras.

Making of

O ano pasado xa quixemos imaxinar como sería un día sen aeroportos. E aínda que non tivemos a David, tivemos vodas sen invitados, festas sen orquestra, redaccións de xornais desbordadas e mesmo avións desesperados, sen poder aterrar.

Unha chea de historias que, seguro, che van encantar.

CAMPAÑA ANO PASADO

Comparte nas redes sociais

e fai voar a nosa curta.